Paula Rios

Filóloga, formadora e sociolingüista. Master en Axente de Igualdade de Oportunidades. Entusiasta das TIC, con formación especializada e experiencia en Competencias Tecnolóxicas para Community Manager e aplicación aos procesos formativos e aos procesos de apoderamento persoal e colectivo. Ciberfeminista responsable da xestión de diferentes comunidades en rede.

Servizos

Detálloche os servizos que ofrezo grazas á miña experiencia previa. Non vou facer experimentos, sei do que falo porque levo anos facéndoo.

Formación

Opción presencial, semi e tamén online. Eixos temáticos: feminismo, TIC para o apoderamento, Igualdade de Xénero e comunicación inclusiva.

Consultoría presencia online

Podo axudarche a atopar a mellor solución para a túa presencia online: un dominio, un software, un texto que lle guste aos buscadores…

Deseño web

Deseño páxinas web para entidades, asociacións ou páxinas persoais. O meu obxectivo é que a túa presenza online sexa potente e que chame a atención.

Igualdade de xénero

Deseño, asesoramento, execución e avaliación de Plans de igualdade e de transversalidade de xénero para institucións públicas e empresas.

Elaboración de materiais

Contidos formativo-educativos: manuais, guías, cursos… Estou sempre a aprender e curiosear para resolver novas necesidades educativas e formativas.

Contidos web

A túa web necesita contido e imaxes impactactantes para diferenciarte do resto. Non te preocupes, pódoche axudar niso.

Razóns para elixirme

EXPERIENCIA

A miña experiencia profesional ven do mundo das TIC, da economía social, do Software libre, da participación social e do cooperativismo.

CALIDADE

Considero que cada proxecto é único; aplico a mellor combinación do meu coñecemento, experiencia e saber facer para elixir as ferramentas e recursos que mellor se adapten ás súas necesidades.

ATENCIÓN

Traballo con e para persoas, por iso, presto coidado a como se establecen as relacións e á satisfacción dos intereses mutuos.

APRENDIZAXE

Aprendo da experiencia, dos resultados conseguidos e tamén dos erros; gosto de recoñecelo en cada iniciativa á que aplico solucións.

APODERAMENTO

AlentO iniciativas que incidan no apoderamento a través das TIC, e moi especialmente no apoderamento das mulleres.

Tes unha idea?

Contacta e facémola realidade!

Non hai proxecto demasiado grande nin demasiado pequeno

Planear. Deseñar. Crear.

Unha mostra dos meus traballos de deseño web

Aceptas os termos e condicións?

13 + 15 =

Contacta comigo!

Este formulario é máxico: escribes unha mensaxe, premes en «enviar» e recibes unha resposta na túa caixa de correos (adoito respostar antes de 48 horas, aínda que se é fin de semana podo tardar un pouco máis) ;D

Skip to content