Sobre min
Licenciada en Filoloxía Hispánica [Galego-Portugués] co CAP superado. Máster en Axente de Igualdade de Oportunidades. Formadora de formadoras en ecoloxía lingüística, contornas virtuais de aprendizaxe e transversalidade de xénero e comunicación inclusiva e non sexista.
Entusiasta das TIC, con formación especializada e experiencia en Competencias Tecnolóxicas para Community Managers e aplicación aos procesos formativos e aos procesos de empoderamento persoal e colectivo. Autodidacta no uso de aplicacións teconológicas e software libre. Usuaria avanzada GNU/Linux, plataformas para eLearning e xestión de contidos baseados en WordPress. Actualmente, como free-lance, son creadora de sitios web, baseados en CMS, dinámicos e accesíbeis para as persoas non-programadoras.
Traballei sete anos como xestora do coñecemento e información en rede; desenvolvín os últimos seis tarefas como redactora/tradutora e Xestora de Comunidades Online na empresa Dinahosting SL, elaborando textos de marketing dixital en castelán e as súas traducións a galego e portugués para adecuar o discurso corporativo á realidade social de cada mercado usando unha linguaxe inclusiva. Tamén asesoro nestas materias a outros colectivos e entidades.
Son unha promotora convencida da importancia das iniciativas de economía solidaria. Socia fundadora de Tagen Ata lingua e comunicación S Coop. Galega, con funcións específicas de coordinación e xerencia. Socia colaboradora de Maragota S. Coop Galega, espazo de educación infantil que dinamiza contornas rurais. Socia da iniciativa LoPersonalEsPolítico.com sobre redes e empoderamiento para a incidencia social a través do uso das TIC e formo parte do equipo de colaboradoras de SinGENEROdeDUDAS.org. Dirixín e coordinei proxectos de planificación, intervención e dinamización lingüística, así como proxectos de igualdade de oportunidades.
Gran parte do meu activismo está no movemento feminista no ámbito galego. Formo parte de Mulheres Nacionalistas Galegas e contribuín ao artellamento e creación da Plataforma Feminista Galega. Ciberfeminista apaixonada, son resonsable da xestión de diferentes comunidades en rede.
A miña experiencia nos últimos anos
Plans de Igualdade e asesoramento para a transversalidade de xénero
II Plan de Igualdad en el ámbito de recursos humanos del Ayuntamiento de Castelló
I Plan Municipal LGTBI+ de Castelló (Recompilación de datos, xestión reunións grupos e redacción do diagnóstico)
Docente sobre Igualdade de Xénero e comunicación inclusiva
Impartición do curso Comunicación inclusiva desde a Administración Pública e elaboración de materiais. Concello da Coruña, 2016, 2017 e 2018
Impartición do módulo formativo de comunicación inclusiva e elaboración de materiais dentro da acción formativa: A calidade dá xestión pública municipal. Enfoques e estratexias para a igualdade. Concello de Santiago, 2017
Comunicación inclusiva para o persoal do concello de Padrón. 2019
Comunicación inclusiva para a cidadanía do concello de Padrón. 2019
Curso: «Nivell bàsic en igualtat. modernització de l’adminis-tració local: igualtat, comunicació i ciutadania (1ª e 2ª edición)», en modalidade presencial, organizado polo Concello de Sagunto. 2019
Curso: Transversalidad de género en la Administración Local. (1ª y 2ª Edición) - Deputación provincial de Castelló 2020
Comunicación inclusiva y uso no sexista del lenguaje. (1ª y 2ª Edición) - Deputación provincial de Castelló 2020
Comunicación inclusiva y uso no sexista del lenguaje. (1ª y 2ª Edición) - Deputación provincial de Castelló 2021
Curso: Qualitat, politiques publiques i igualtat: enfocaments, estrategies i indicadors, en modalidade presencial, organizado polo Concello de Sagunto, 2021.
Curso: Informes de Impacto de Género - Deputación provincial de Castelló 2021
Deseño web e plans de comunicación
Responsable do deseño web e o plan de comunicación do VI Congreso Estatal de Economía Feminista, celebrado en València en setembro de 2019
Contacta comigo!
Este formulario é máxico: escribes unha mensaxe, premes en «enviar» e recibes unha resposta na túa caixa de correos (adoito respostar antes de 48 horas, aínda que se é fin de semana podo tardar un pouco máis) ;D